22/1/21

QUE FAN DENDE O ESPAZO???

Que fan realmente os científicos e as distintas axencias espaciais

dende os satélites???

Ao parecer detectáronse excrementos de pingüino. Os pingüinos emperadores só viven na Antártida e estanse extinguindo, por iso, os científicos queren averiguar cantas colonias quedan deste animal.

 Credes que atoparán algo??

O pingüino é un animal moi pequeno e sería difícil velo dende o espazo. Pero algunhas fotos de satélite atoparon excrementos de pingüino e ao mellor...  

Será unha nova colonia?

Moitas zonas de excrementos eran de colonias xa coñecidas, pero, unha nova forma de detección, detectou 11 máis!

Agora xa quedamos máis tranquilos sabendo que hai máis de 61 colonias. Aínda así, ... 

Hai que coidar o planeta!

Mauro

1 comentario: