18/10/21

CABALOS: COMO SABER A SÚA IDADE?

Moita xente é gran amante dos cabalos, pero a maioría non saben como identificar a súa idade. Aquí vos presentamos como o podedes facer segundo os seus dentes.

A partir dos 10 anos de idade aparecen nos dentes dos cabalos unha pequena  raia, a neguilla, aos 15 anos esa liña acada a metade dos dentes. Aos 20 chega a todos os dentes. Aos 30 desaparece.

Ademais, aos 10 anos empézaselles a notar que os caninos se lle inclinan un pouco. Os caninos da mandibula superior cara adiante, e os da mandibula inferior cara atrás o que coincide coa neguilla.

Esperamos que vos guste moito e vos sexa de utilidade.

Adeus.

Uxía e Rubén

No hay comentarios:

Publicar un comentario