31/1/22

OS TSUNAMIS

O principal factor que orixina un tsunami son os terremotos, volcáns, meteoros... Antigamente chamábaselles "marexadas", "maremotos" ou "ondas sísmicas mariñas", pero estos termos foron quedando obsoletos, xa que non describen axeitadamente o fenómeno.

Os tsunamis teñen normalmente lonxitudes de onda que superan os 50 km e poden acadar ata 1.000 km.

Que danos provocan?

A morte de seres humanos prodúcese polo azote das olas e todos os escombros que arrastran estas xigantescas masas de auga. Posterior a un desastre desta natureza, preséntanse as enfermidades, por escasez de alimentos e contaminación da auga potable.

Que se debe facerse en caso dun tsunami?

1- Marchar das zonas costeiras baixas e de maior perigo como son as praias.

2- Procurar alonxarse de áreas perigosas mentres dura a alerta.

3- Ter coidado cos cambios no nivel do mar.

4- Nunca ir á praia a observar un tsunami.


Canto pode chegar a medir unha ola de tsunami?

As olas dos tsunamis poden chegar a alturas de 10, 20 ou incluso de 30 metros. Só cando chegan á costa empezan a perder velocidade, ao disminuir a profundidade do océano, pero a altura das olas, sin embargo, pode incrementarse ata superar os 30 metros ( o habitual é unha altura de 6 ou 7 metros).

Cal foi o tsunami máis grande da historia?

O maior tsunami do que se ten noticias é o provocado pola erupción do volcán Krakatoa, no que a ola producida alcanzou unha altura media de 42 metros.


EVA

1 comentario: