O pasado 18 de febreiro, fomos á biblioteca para facer un "Scape Room", inspirado en Rosalía de Castro. Pecháronnos na biblio e tiñamos que conseguir sair a través de pistas.
Dividímonos en 4 grupos. Cada grupo cun ordenador e listos para comezar. Entramos nun genially, había moitas preguntas sobre Rosalía de Castro coas súas respostas, ata que demos coa pista. Si, conseguimos atopar a chave, e co código axeitado, abrimos a caixiña co noso agasallo, unhas chapas coa caricatura de Rosalía de Castro.
Pasámolo xenial!!... E aprendemos algunhas cousiñas sobre Rosalía.
E non podiamos evitar unir ás nosas fotos ao pedazo de mural que fixeron en 6ºA co nome de Rosalía. Chulísimo! Grazas por compartilo con Nós!
6ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario