Houbo moitísimas mitoloxías ao longo da historia, pero non se fala moito da africana, así que atendede e saberedes un pouco dela.
Nzambi é o Deus supremo de toda a mitoloxía Bantú. El era como o Xesús dos africanos. Non se coñece moito sobre el, pero crese que era o Deus do Sol.
Hai moitas mitoloxías en África, pero a maioría coinciden en que o primeiro home naceu dunha planta de caña.
A maioría das culturas bantúes comparten un mito común sobre a morte. Segundo este mito o Deus Nzambi enviou un camaleón para anunciarlle ao ser humano que non morrería nunca. Polo camiño, o camaleón parou a comer e o Deus Sol, ante o comportamento da humanidade, cambiou de opinión e decidiu mandar un lagarto para anunciar que si morrerían. O lagarto chegou primeiro, e así quedou establecida a natureza mortal do ser humano. Como consecuencia deste mito, tanto lagartos como camaleóns, son considerados animais de mal augurio polos pobos bantúes.
Canta mitolixía!!
ResponderEliminarEstes nenos cada día nos traen algo máis!
¿Conoceis los cuentos y pelis de Kirikú?. ¿A mi me encantan!
ResponderEliminar