19/3/21

TRES MISIÓNS A MARTE

Estados Unidos, Emiratos Arabes e China lanzaron tres robots a Marte con fins descoñecidos e posiblemente distintos. Neste artigo descubriremos un pouco máis.

Dende o verán pasado tres robots foron lanzados ao espazo con intención de chegar a Marte. Foron lanzados días diferentes do mes de xullo de 2020, por unha ventá chamada Terra-Marte, que se abre cada dous anos:

  • A sonda Hope de EAU orbitará ao redor de Marte durante un ano marciano (dous terrestres) para estudar a súa meteoroloxía. 
  • A china Tianwen-1 tamén manterá un orbitador, pero, ademais, a partir de maio deixará caer un "aterrador" cun rover, que descenderá desa plataforma para explorar a rexión de utopía Planitia, onde hai auga xeada no subsolo.
  • Pola súa parte, a misión estadounidense colocou a Perseverance, o vehículo máis grande e sofisticado xamáis enviado a aterrar noutro planeta, mediante un sistema diferente.

E non volo perdades, no equipo do proxecto "MARS 2020" de EEUU hai un enxeñeiro aeronáutico galego: Fernando Abilleira, Subdirector de Supervisión do Voo.

Imaxe Marte (Perseverance)

MAURO

1 comentario:

  1. Os planetas gustanme moito aparte dos animais!!!

    ResponderEliminar