Este pasado martes, día 26 de outubro, por fin fomos ás ILLAS CÍES
Levabamos esperando 1 ano...
Cando saímos do colexio estabamos moi ilusionados. Subimos nun autobús moi grande. A viaxe foi moi curta. Durante o traxecto, tod@s, 6ºA, 6ºB e incluso as profes, cantamos. Algún, incluso se quedou durmido.
Unha vez en Vigo, tivemos que esperar a que chegara o barco. Era moi grande. Fomos con máis xente. 40 minutos de viaxe no que disfrutamos das vistas de moitas praias ao longo da ría, sobre todo na comarca do Morrazo. Algúns compañeir@s nunca viaxaran en barco e co día que tiñamos foi espectacular.
Desembarcamos na illa de Monte Agudo. O primeiro que fixemos foi merendar, despois, cos mesmos monitores que nos visitaron en Reboreda o curso pasado, Ana e Suso, comezamos a marcha. Estivemos andando ao redor dunha hora. Durante o camiño vimos moitas cousas como árbores, rochas erosionadas por vento e auga, un acantilado e moitas especies animais: No lago, congrios, polbos, caranguexos, unha rotonda de peixes, ...; Na cumbre, lagartos, distintas especies de paxaros; Na praia, corvos mariños cristados, garcetas, garzas, gaivotas, ... As explicacións eran moi interesantes e a monitora, Ana, explicaba xenial. Na cumbre había un mirador, preto do mirador había unha rocha chamada A pedra da Campá, e un observatorio de aves. As paixaxes eran incribles. No alto, co sol que pegaba o fresco non importaba.
Cando chegamos abaixo de novo, eran xa as dúas da tarde, hora de comer. Achegámonos ao camping, que agora está baleiro, xogamos mentras esperabamos polo outro curso, comemos e voltamos xogar. Explorando nos arredores, atopamos flores preciosas, setas, cordas, ferros, ...
Pero, se na volta, no barco, queriamos ir arriba, tiñamos que ir con tempo e chegar os primeiros. E así foi, tivemos que esperar un ratiño, pero, ... Mereceu a pena! A relativa curta distancia, alguén gritou: "Unha aleta". Era un arroaz (delfín)! Que preciosidade!!! A guinda perfecta para rematar un día ... FANTÁSTICO!!!
Que video máis bonito. Que envexa dades. Jaja...
ResponderEliminarFOI IMPRESIONANTE!!!
ResponderEliminar