18/11/21

MATEMAXIA

Este pasado xoves 11 de novembro, día de San Martiño, tivemos con nós, no cole, un Mago Matemático, O Mago Paco.

Ensinounos moita matemática chea de maxia: As curiosidades da Cinta de Moebius, como funciona o código binario, a maxia do número 9, ... e moito máis.

Gustounos moito! Pasámolo xenial!


E agora uns pequenos acertixos matemáticos...

1. Cando é correcta a seguinte operación: 

11 + 3 = 2 ???

2. Cinco máquinas son capaces de redactar 5 artículos en cinco minutos. con este ritmo de produción, canto tempo precisan 100 máquinas para elaborar 100 artículos?

(A resposta no seguinte artigo)

2 comentarios:

  1. Gustanme moito os acertixos, enigmas, ... Pero o 1, non caio. No 2, si, xa o sabía, pero case que non o digo, para que se outros non o saben, que pensen un pouquiño.
    Seguide poñendo, que me gustan.
    Un amigo!

    ResponderEliminar
  2. Bo día, eu me sei a resposta do acertixo número dous, pero mellor non a digo para que aos demais lles de tempo a resolvela.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar