4/3/22

PULSEIRAS AMIZADE

Despois de dous anos sen poder tocarnos, sen poder abrazarnos, e sen poder compartir patio co resto de compañeir@s dos distintos cursos, decidimos ofrecer un agasallo a 6ºA. O ano anterior foron unhas cartas, e este ano pensamos que unhas pulseiras de amizade serían unha boa idea, para que cando as miren nos recorden.

As pulseiras fixémolas a man e con moito amor, a parte duns bombóns riquísimos. Eles tamén nos agasallaron cunhas pulseiras moi bonitas e cuns bombóns que disfrutamos moitísimo.

A ver se pronto podemos compartir espazos e novas experiencias...


6ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario