24/3/22

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

O pasado venres 4 de marzo, os sextos, fomos de visita ao Museo Provincial de Pontevedra. Unha guía do museo explicounos con calma varias das salas relacionadas coa prehistoria e ata a romanización. Falounos das distintas ferramentas que se usaban nas distintas épocas, paleolítico, neolítico, idade dos metais, periodo castrexo, ... como e con que materiais as elaboraban, e como vivían.

Foi moi interesante! O que máis nos chamou a atención, "O tesouro de Caldas".

Logo, cunha guía do Concello de Pontevedra, visitamos algunhas rúas do casco histórico da cidade: Unha farmacia antiquísima, a praza da Ferrería, A igrexa da Peregrina, ... e ata visitamos ao loro Ravachol.

Fora da aula tamén se pode aprender...

1 comentario: