8/6/22

GALICIENCIA 2022

Ola, bo día! O pasado venres 13 de maio fomos á Feira Científica de Galiciencia (Ourense). A mellor Feira Científica galega, sen lugar a dúbidas...

Aos nosos compañeiros (Alán e Mauro) e a nós (Sara e Emma) escolléronnos para presentar in situ, co noso propio stand, os nosos proxectos: Coche ecolóxico e Roupa reciclada. Este ano o tema era a "Economía Circular".

Cando chegamos a Tecnópole (Ourense) os catro fomos directamente á feira, que xa chegabamos tarde. Dirixímonos aos nosos stands coa nosa titora e rematamos de preparar a mesa cos materiais do noso proxecto. Puxemos tamén chuches no borde da mesa para que os visitantes do noso stand puideran manter as enerxías ao longo da mañá😋😋, que había moito que ver.

Veu moita xente a visitar os nosos stands! Fixéronnos moitas preguntas e contestamos o mellor que puidemos e sabiamos, o certo é que o preparamos moito.

Foi unha experiencia xenial! Aprendimos moito, durante o proceso e durante a exposición.

Foi moi divertido!!!

Deixámosvos os vídeos dos proxectos que presentamos (clicade nas imaxes) e logo unha pequena montaxe da exposición.




EMMA e SARA

1 comentario:

  1. Que chulos os stands. canto traballiño. que pena non velos alí.

    ResponderEliminar