6/6/22

VISITANDO O INSTITUTO

O pasado martes, 24 de maio, fomos visitar o instituto Floriani en Redondela. É o noso instituto de referencia, o próximo ano, se todo vai ben, estaremos alí. Fomos camiñando desde o colexio ata o instituto, cando chegamos nos fixeron unha breve presentación no seu salón de actos, a nós e ao alumnado de Porto Cabeiro, onde nos explicaron, as asignturas que imos ter, as cousas que imos facer, ... Despois ensináronnos o centro por dentro, leváronnos a algunhas das súas aulas e cando estabamos visitando o pavillón encontrámonos un grupo de chicas, antiguas alumnas de Reboreda, que tamén nos guiaron, aparte dos dous alumnos de 1º ESO. Coñecimos moitos profes e algúns alumnos.
Pasámolo moi ben! Agardamos con esperanza esa nova etapa da nosa vida... Xa falta menos!

HUGO D., ABEL e BRAIS

2 comentarios: