9/2/20

EXPERIMENTANDO CON AUGA 1: EVAPORACIÓN


É salgada a auga da chuvia? 
Onde vai o sal dos océanos?
Basta con sacar a lingua para saber que a auga da chuvia é doce, pero, entón, son as nubes as que lle quitan o sal a auga do mar evaporada?.... ????
Comprobamos!!!!!!
Experimento:
Mesturamos e disolvemos sal en auga (ou collemos auga de mar) e deixamos nun plato varios días vendo o que ocorre.
Pouco a pouco, día a día, vamos vendo como a medida que se evapora a auga, vai quedando no plato o sal, novas e peculiares formacións de cristais e escamas de sal.


Evaporase entón o sal? 
NON.
Temos moi cerca, en Vilaboa, as "Salinas de Ulló", un lugar fantástico para dar un moi agradable paseo. Queredes saber un pouquiño máis delas? Atentos ao vídeo.


E polo sur, unhas salinas romanas a 100 km da costa...

2 comentarios:

  1. Canta sal!!! É alucinante!!


    Alán e Eva

    ResponderEliminar
  2. Aprendemos moito do sal e das salinas. Diferentes tipos de sal. As salinas de Ulló tiñan dúas casas en ruinas, ...
    Abel e Brais, 4B.

    ResponderEliminar