21/2/20

XEO SECO OU NEVE CARBÓNICA

Que chulada! Este venres pasado, 14 de febreiro, a profe Vanesa e os seus alumn@s de sexto curso, invitáronnos a coñecer máis de cerca unha substancia chamada XEO SECO.
Explicáronnos que era exactamente, dióxido de carbono (CO2); A temperatura á que se conseguía, sobre -78,5 ºC; Para que servía: Conservar tecidos, alimentos, nos extintores, no mundo do espectáculo para facer o efecto de néboa, ... ; Que pasaba directamente de estado sólido a gasoso, SUBLIMACIÓN; ... e un montón de cousas máis. 
Pero, o máis chulo de todo foi ver os efectos que producía ao poñelo en contacto con auga. Extraordinario!
MOITAS GRAZAS!

1 comentario: