14/2/20

EXPERIMENTANDO CON AUGA 2: TENSIÓN SUPERFICIAL

A tensión superficial é un concepto que se aplica aos líquidos, xa que é unha maneira de medir a cohesión existente entre as moléculas dese líquido. As moléculas que compoñen calquera substancia líquida, interaccionan entre si e atráense. En función da forza con que se atraen maior é a súa tensión superficial.
Reto 1:
Conseguistes manter o clip sobre a auga?

Reto 2:
Cantas gotas conseguistes introducir sobre unha moeda de 5 cm? 
(O noso record estaba en 32)

Temos na natureza moitos exemplos desa forza de unión das moléculas da auga... 
Vistes algunha vez como camiñan os zapateiros sobre as augas do río?

1 comentario: