15/6/20

LUNS 15 DE XUÑO

MOI BO DÍA!
Como foi a finde?
Celebrastes a Festa da Coca?
Misión? Cine? Fixestes algo extraordinario?

Onte, domingo 14 de xuño, foi o Día Nacional das Linguas de Signos. Un día no que se trata de difundir entre a sociedade a lingua das persoas xordas, a súa utilidade e o seu valor. Non foi ata outubro de 2007 que se considerou como lingua oficial do estado.
  • Que sabedes vós da Lingua de Signos?
  • Sabedes o que é unha deficiencia auditiva?
  • Coñecedes a algunha persoa xorda?
  • Sabedes como se comunican cos demais?
  • Vistes algunha vez a algún ou algunha intérprete de lingua de signos?
  • Comunicástesvos con algunha persoa xorda?
Por se queredes aprender un pouquiño, aquí vos deixamos:
  • O alfabeto dactilolóxico



E para que practiquedes un pouquiño máis deixámosvos dous vídeos, un duns nenos coma vós e outro de Rozalén, da que xa sabemos que nos seus vídeos e actuacións sempre comparte escenario cunha intérprete de Lingua de Signos.



Seredes quen de aprender a dicir algo en Lingua de Signos?
Esperamos as vosas achegas...
Bo día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario