3/6/20

MÉRCORES 3 DE XUÑO

MOI BO DÍA!
Que, ... sairon esas figuras de Tangram?
E como van os retos: Educación Física, Mblock, ...?

Nós seguimos moi, pero que moi matemáticos, pero, tamén artísticos.
Sabedes o que son os "Mandalas"?
Seguro que si. Esos círculos, con miles de formas, que nas súas interseccións forman fermosas figuras caleidoscópicas.

En xeometría, os mandalas son redes medibles, exactas, onde rixe a simetría. Temos miles de exemplos na natureza. 
  • Pero, que sabedes vós dos "Mandalas"?
  • Sabedes cal é a súa orixe?
  • Cal é o significado da palabra "Mandala"?
  • Que exemplos de mandala podemos topar na natureza?
  • Coñecedes algún símbolo dalgunha cultura que semelle un mándala?
Calendario Azteca

Despois de practicar con compás e regras e crear fermosos e únicos mándalas, podedes intentalo tamén nesta ligazón: 


2 comentarios:

  1. Me encantaron as mandalas son chulísimas, cuando haga la mía te la mando, haber si os gusta!!😎😋🤩😀😁😉😜🤑😛

    ResponderEliminar
  2. Son Emma encantaronme facer mandalas me encanto

    ResponderEliminar