MOI BO DÍA!
Como van os vosos MANDALAS?
Recordade que mañá hai que entregar o reto EF: "Coreo marchosa".
Recordade que mañá hai que entregar o reto EF: "Coreo marchosa".
Xa estamos nas últimas semanas de curso e este vai ser o último reto de Educación Fisica, así que animádevos para unha despedida ao grande.
Sabedes que este curso no cole tiñamos como tema central "Os Deportes" e aínda que os XXOO deste ano en Tokyo se aplazaron, por circunstancias obvias, parece que finalmente se celebrarán no 2021. Nós dende as nosas posibilidades podemos axudar a que ese espiritu olímpico non se apague.
Vamos intentar rememorar algún "Momento Olímpico".
Importante: A vosa CREATIVIDADE.
Reto 5 Educación Física:
1º Teredes que investigar, documentarvos, preguntar na casa á familia, ... Sobre algún momento, deportista, disciplina, ... que vos chame ou chamara a atención, evidentemente en Xogos Olímpicos. (Preguntade na casa ou buscade na web).
2º Unha vez atopado ese "Momento Olímpico" collemos a cámara e intentamos recrealo na nosa casa con todo (e tod@s) o que teñamos a man. Familia, podedes participar. Ánimo! Imaxinación ao poder!
Que ese Espíritu Olímpico non decaia. Aquí vos deixo a MIRAITOWA, a mascota olímpica de Tokyo 2020.
Sabedes cal é o significado de "Miraitowa" e "Someity", as mascotas olímpicas de Tokyo?
E para que sigades practicando e traballando físicamente tamén vos deixo un vídeo de Educlan, onde moitos deportistas están a poñer o seu graniño de area e fan exercicio con nós. En este caso Rudy Fernández, capitán da selección española de baloncesto.
A traballar!
Hai moitos máis na páxina de Educlan. Entrade e traballade con eles.

Sou Emma non me deixa ver o video de educlan e non me pon nada
ResponderEliminarProfe non deixame ver o vídeo de educlan, sabes como puedo ponerlo?
ResponderEliminarBrais
Bo día! Vexo que hai varios que non son capaces de entrar en Educlan. Mándovos a ligazón por correo. Xa me diredes se vos vai. En principio a ligazón do blog vai ben. Entendo que é outro o problema. Comprobamos.
ResponderEliminarXa veredes que chulos!
Saudiños!
Amparo.
Ola,son Teo. Miraitowa está formada por duas palabras xaponesas que significan futuro e eternidade, que significa que hai que aprender ben as cousas vellas é úsalas nas novas. Someity, é a mascota dos xogos paraolímpicos, está inspirada na flor do cereixo. Os dous son robots con superpoderes. Chao
ResponderEliminarEstou de acordo con Teo eu pensaba o mesmo
EliminarSaludos
Andrea 4ºA
Estou de acordo con Teo eu pensaba o mesmo
ResponderEliminarSaludos
Andrea 4ºA