22/9/20

CAMBIOS E MÁIS CAMBIOS

Comezamos un novo curso e cambiaron un montón de cousas. Dende que apareceu o Coronavirus a nosa vida xa non é a mesma. No cole non podía ser doutro xeito: O uso da "mascarilla"; hidroxel para todo; distancia, non poder acercarnos e abrazar aos compañeiros; os patios; ...

Unha desas cousiñas que cambiaron foi o da lectura. De inicio non vamos compartir libros, cambiamos a lectura para o final da mañá e cando se inicie a biblio teremos que ver como poderemos pedir prestados os libros. A profe di que "anticipadamente" ou por internet. O tema é que non os poderemos coller directamente nas estanterías.

Todo cambiou e mentras o virus siga con nós teremos que acostumarnos e intentar respectar as normas, para así evitar no posible o contaxio e propagación.

Entre tod@s seguro que saimos adiante!


No hay comentarios:

Publicar un comentario