24/9/20

PROGRAMA E-DIXGAL

Outra das novidades deste ano é que entramos no programa da Xunta E-Dixgal. Acaban de chegar os nosos novos libros, os ordenadores. Pouco a pouco vannos explicando como se usan: o seu sistema operativo, os aplicativos, a plataforma EVA, ... 

O ordenador é portátil, pequeno e táctil, moi chulo, con lapis e todo. É moi lixeiro, aínda que as teclas están un pouco duras. 

Cremos que vai ser moi útil, o traballo máis rápido e seguro que moi eficiente.

Este cambio apetecíanos moito. 

Estamos desexando sacarlle moito partido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario