28/9/20

XOGOS NO PATIO DE RECREO

Outra das cousas que cambiou no cole co tema do COVID-19 é o recreo. Levamos máscara, debemos gardar distancia, non ter contacto con outros compañeiros, estamos separados en espazos por cursos, ...

Pero, os xogos son unha parte fundamental para despexar o cerebro, e aínda que coñecemos moitos, ás veces non se nos ocorren, non nos poñemos dacordo, ... O importante é que podemos estar cos amigos: falar, correr, xogar, ... sempre e cando respetemos as medidas de precaución.

Dende aquí vamos intentar aportarvos ideas de xogos cos que poder disfrutar no patio cos compañeiros. Hoxe: 

Variante da "Bruxa do ollo birollo"

Eliximos unha brux@: Todos menos un (por turnos) sentados en círculo, ollos pechados, cabeza para abaixo. O compañeiro que elixe, pasa por tod@s e pisa suavemente o pe dun dos compañeiros sen que ningún dos outros se decate.

Unha vez elixida á brux@ ten que eliminar ao resto chiscándolle o ollo sen que os demais a vexan. O resto de compañeir@s tentan descubril@.

Se me chiscan o ollo quedo inmóbil, coma unha estatua (enfeitizad@).

Importante: Agora os desplazamentos deben ser con máis distancia, igualmente, sen correr, e sen pararse en ningún momento.

Consegue punto o compañeir@ que descubre á brux@.

A XOGAR!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario