10/12/20

25 NOVEMBRO: IRMÁS MIRABAL


O pasado mércores 25 de novembro celebrábase o Día da eliminación da violencia de xénero.

Dende o Concello de Redondela partía unha iniciativa para traballar ao redor das irmás Mirabal. 

Bolboretas por todo o Concello.

Quen son as irmás Mirabal???

As irmás Mirabal, Minerva, Patricia e María Teresa, creceron nun fogar rural acomodado, na seccion Ollo de Auga, no Municipio Salcedo. O pai das irmás, Enrique Mirabal, foi un exitoso home de negocios.

Dende o momento en que Trujillo subiu ao poder, as tres irmás loitaron contra o seu réxime, en defensa dos seus dereitos. Eran coñecidas como “Las Mariposas”, As Bolboretas.

Durante o goberno de Trujillo en República Dominicana, estas mulleres foron encarceradas, torturadas, ... Ata que, o 25 de novembro de1960 foron asasinadas.

En honor a estas valentes mulleres, cada ano o 25 de novembro celebramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.


Eva e Brais

No hay comentarios:

Publicar un comentario