Falando dos alimentos e da nutrición humana acabamos de descubrir a procedencia da pataca:
Os Incas.
Os Incas (tamén chamados Quechuas) foron unha civilización
que se desenvolveu en Sudamérica, ao redor da cordilleira Andina, dende o
século XIII ata o século XVI aproximadamente. Foron a
civilización máis avanzada do seu continente. Unha das causas da súa desaparición foi a chegada dos conquistadores españois, ás ordes de Francisco Pizarro.
Segundo a narración mítica da súa orixe, os seus devanceiros chegaron ao val de Cuzco desde a rexión do lago Titicaca e alí fundaron a cidade Cuzco, que era considerada o centro do mundo.
Os Incas foron unha civilización de
grandes inventores e foi unha pena que desapareceran porque poderían ternos
axudado moito en cousas como a construción, a agricultura, etc.
Algúns inventos que crearon eles
foron:
As Neveiras: Utilizaron as covas de “Los Nevados” para a conservación de alimentos.
Instrumentos musicais: inventaron moitos instrumentos musicais de vento e de percusión.
Os Quipus: Son uns sistemas contables.
Os Incas practicaron unha medicina tradicional baseada en plantas medicinais e rituais relacionados coa espiritualidade e a enerxía. Ao principio os invasores españois atribuíron estas prácticas á bruxería. Con todo, a eficacia da medicina inca para tratar os síntomas das enfermidades fixo que se iniciará un estudo científico das plantas medicinais que utilizaron.
No tempo dos Incas existían varios tipos de médicos, segundo a súa especialidade:
O Watuk – Encargábase de diagnosticar a enfermidade e examinar o estilo de vida do paciente.
O Hanpeq – Unha especie de chamán que curaba aos pacientes utilizando herbas e minerais en cerimonias relixiosas e místicas.
E agora que xa sabemos un pouquiño desta grandiosa civilización, queredes facer unha probiña para averiguar canto sabedes? Facede clic na ligazón.
Canto sabes sobre o pobo Inca???
Alán e Mauro


No hay comentarios:
Publicar un comentario