28/4/21

BARREIRAS PARA OS PLÁSTICOS

Hoxe en día, co problema do cambio climático ao longo de todo o planeta, moitaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa xente intentamos axudar ao planeta como podemos….

Boyan Slat (fundador de “The Ocean Cleanup”) é unha desas persoas e non se da por vencido facilmente. Este xoven (25 anos), nacido en Países Baixos e afincado en EEUU fíxose famoso en 2012 tras propoñer a construcción dunha gran barreira coa que, a modo de recolledor xigante, se puideran apañar e retirar grandes cantidades de lixo flotante no mar, principalmente plásticos. Conseguiu as axudas técnicas e económicas para desenvolver os primeiros prototipos e poñelos en práctica.

E non satisfeito, deu un paso máis e anunciou un novo dispositivo flotante para facer o mesmo nos ríos. O “Interceptor”, movido por enerxía solar, saca plástico dos ríos a medida que navega por eles.


E vós, ...
Tedes algunha idea coa que axudar ao noso planeta???

BRAIS E ABEL

4 comentarios: