8/4/21

O CARANGUEXO DOS COCOTEROS

Nome científico: Birgus Latro

O caranguexo dos cocoteros é unha especie de crustáceo decápodo da familia Coenobitidae, a única do seu xénero. É o artrópodo terrestre coñecido máis pesado que existe ( o caranguexo máis grande por lonxitude é o caranguexo xigante xaponés). O caranguexo dos cocoteros é unha especie do caranguexo ermitaño cunha habilidade especial para abrir cocos coas súas fortes pinzas e alimentarse do seu contido.

Habita en áreas ao longo do océano Índico e Pacífico occidental. Non hai datos suficientes para saber se está ou non en perigo de extinción.


Hugo F.

1 comentario: