16/4/21

O PRIMEIRO BLOG

Algunha vez vos preguntastes cal foi o primeiro blog que se publicou? 

Probablemente non, pero seguro que agora que o dixen, volo preguntades. 

Así que vamos!

O primeiro blog foi subido en 1994, pero o seu software creouse en 1978. O creador do primeiro blog está en debate entre dúas persoas. O primeiro para moitos é Justin Hall, un estudante da Universidade de Swarthmore. Trataba de aspectos persoais.

O outro considerado primeiro bloguero do mundo é: Dave Winer con Scripting News en 1997, que empezou a falar de tecnoloxía. É por eso que se considera a Dave Winer o primeiro bloguero do mundo, xa que deixou de falar da súa vida e escribir e opinar e aportar novidades, cousas máis atractivas para os seguidores da súa páxina. 

Por ese motivo en Estados Unidos en 2007 celebrouse unha década dende o primeiro blog.


Cando naceu o termino <<Blog>> e a súa familia de palabras?

A palabra "blog" é unha contracción das palabras "web log" do inglés, que en galego significa bitácora web. Jorn Barger de robotwisdom.com crea a palabra "weblog" en decembro de 1997 para chamar a este novo formato de publicación, aínda que poidan existir anteriores blogs, non se consideran como tales. Así que esta frase comeza a decirse nas redes.

Alán

2 comentarios: