16/8/21

ALERTA XIRASOLES!!!

Os nosos queridos xirasoles pintan mal: Falta de auga, crecemento masivo de vexetación circundante, exceso de néboas, ... Os cacahuetes aínda se ven máis ou menos, pero, ...




Fixádevos nos bechos que teñen as follas dos xirasoles no seu envés. 
Hai que buscar un remedio ou vannos morrer.


Preguntade na casa por algún remedio caseiro, para ver se todavía podemos facer algo. 

4 comentarios:

  1. Ola
    Polas fotos ten toda a pinta de ser pulgón. Nos gromos dos cítricos do meu avó tamén hai. El limpaos con auga todos os dias, ou xabron ou estrugas que deixa de remollo varios dias pero ainda así volven a aparecer.
    No libro de horta ecolóxica que temos na casa, fala de varios remédios, pero creo que non sirven para o nosos xirasoles porque tiñamos que telo feito antes ou porque hai que botarlle o producto todos os dias.
    Fala de botar nas follas unha mezcla de auga con xabrón potásico (lagarto) todos os dias.
    Tamén di que é bo atraer a xoaniñas ou cadelas de frade (tijeretas) á horta porque comen pulgón ou facer casiñas para atraer os paxaros.
    Como curiosidade din que é importante controlar no inverno e primavera que non haxa formigueiros cerca porque as formigas cuidan os pulgóns durante o inverno para que logo no verán lles axuden a sacarlle azúcares ás prantas. As formigas son como pastores de pulgóns.
    Pero, estos remedios non se poden facer aquí.
    Necesítase algo mais rápido e eficaz. Buscando, atopei unha páxina que fala de un producto para botarlle. É ecolóxico.

    https://www.nostoc.es/pulgon-caracteristicas-y-tratamiento/

    A ver si temos sorte
    Alán

    ResponderEliminar
  2. Outra cousa que acabamos de atopar no libro da horta ecoloxica sobre loita directa contra agresores dos cultivos:
    Podemos recurrir "Incluso el polvo del camino esparcido sobre los pulgones es capaz de deshidratarlos, reduciendo considerablemente sus daños sobre las plantas"
    Como son poucas plantas, poderiase probar a coller terra finiña e botarlla. A ver que pasa!
    Alán

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi boas! Vexo que te puxeches a indagar. Todos parecen moi bos remedios, pero, como dis, requerirían atención diaria, que non vai poder ser.
      Dos que dixeches, por aquí tamén me din, que o xabón potásico da bo resultado. Probaremos. E eso que comentas da terra, probarei tamén. Por probar que non sexa.
      Graciñas por todo! E non te preocupes, se van arriba ben, se non...
      Como van os vosos xirasoles?? Xa teredes pipas.
      Desfrutade moito do que vos queda de verán!
      Moitos Bicos!

      Eliminar
  3. Os nosos xirasoles están secando. A un lle cortamos a flor porque estaba mui seca e saironlle outras dúas pequeniñas. Ao outro estamos por cortarlla porque parece que xa ten algo de pipas. Haberá que ver como preparar as pipas (si é que saen).
    Alán

    ResponderEliminar