Vistes algo dos Xogos Olímpicos????
Digo eu, que algo... : A nosa querida Ana Peleteiro gañando a medalla de bronce en triple salto; A Armand M. Duplantis intentando o record do mundo en salto de pértiga; Aos deportistas españois competindo nas distintas disciplinas; ... E seguro que vos fixastes nos ramos de flores que lles entregaban aos gañadores... Ou non??
Ramos da Victoria con Xirasoles!!!! Non sei se lestes algo ao respecto, sobre o significado das flores que aparecían nese ramo, como todo o que fan os xaponeses, con moito significado: Eustomas e selos de Salomón de Fukushima; Xirasoles de Miyagi; "Gentianas" de Iwate; e aspidistras de Tokio. Reconstrución, esperanza, futuro, ...
Aquí vos queda o salto de Ana. E vós, a sair á rúa, ao parque, á praia, ao monte, ... e a facer algo de exercicio físico.
Seguide desfrutando do verán!

Sete grandes representacións galegas. E esa comarca do Morrazo...petouno. Aunque Ana e muller brava en tódolos ámbitos.
ResponderEliminarOs Xirasoles son a representación da boa enerxía xa que son captadores dela. Son símbolo de alegría, positivismo, boa sorte, de lonxevidade, e vida.
Tamén din que unha ninfa chamada Clytia namorouse do deus Apolo, este partiulle o corazón e a pobre convertiuse en Xirasol, para poder xirar ao arredor del.
Moi boas! Vexo que seguimos ahí. Grazas polas aportacións. Como se nota de onde nos ven a afición á mitoloxía.
ResponderEliminarE sí, como Morracense e Galega, ... ademais de deportista... Gran orgullo olímpico!
A desfrutar que xa queda menos!
Un saúdo!