Hai pouco atopei un libro con información sobre o cultivo de plantas. Tristemente non había nada sobre o maní, pero si sobre xirasoles. Aquí deixo algo do que atopei:
·Existen moitas variedades. Algunhas teñen varias flores, outras teñen flores enormes... Pero o máis importante é que si se plantan xuntas hibrídanse moi facilmente pola polinización cruzada.
·Non precisan moitos coidados, é parecido ao millo. Non lle atacan moito os parásitos pero hai que ter coidado cos paxaros que nos poden deixar sen pipas, en especial os pardais.
· O tempo entre que se sementa e se recolle acostuma ser duns 90 ou 110 días.
· As cabezas florais córtanse cando a casca das sementes acadou unha certa dureza e o gran interno está ben formado. Convén deixar secar as pipas na flor cortada uns días e logo quitalas coa man ou sacudindo a flor.
·Ao ser unha planta esixente en nutrientes, non adoita asociarse ben con outras plantas. Porén, algúns horteláns sembran líñas de xirasoles entre líñas de pepinos (parece que se toleran).
Eu tamén teño xirasoles. Son estos (ás veces as galiñas de atrás intentan comelos):

Chegaremos a comer esas pipas??? Grazas por todo Alán!
ResponderEliminarDesfrutade do verán!