5/10/20

XOGOS PARA O RECREO 2

Ao principio non se nos ocorrían demasiados xogos, pero, despois de pensalo un pouco, e sempre e cando respetemos distancias e contactos hai algúns xogos que si poderíamos xogar: O escondite inglés, a pita cacerola, ...

Hoxe vamos presentarvos dous pequenos xogos máis:

A FOTO

Todo o grupo se sitúa en fila e adopta unha postura fixa, como para facerse unha foto. A persoa que queda debe observar moi ben as posturas, dar a volta e tapar os ollos mentras o grupo cambia unha ou máis posturas. O compañeiro que queda debe atopar os cambios.



ÓRDENES INVERSAS

O que queda vai dando indicacións, os demais deben facer todo o contrario. Por exemplo: "Sentade no chan" e nós poñémonos a saltar. Ata que algún erre, que será o que quede a continuación.


A XOGAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario