13/10/20

XOGOS PARA O RECREO 3

Ademais de xogos para os días en que podemos sair ao patio, pensamos tamén que nos días de chuvia sería interesante recopilar algún que outro xogo ou actividade cos que poder compartir ese tempo cos nosos compañeiros. 

Pensando, pensando, ... e nun primeiro momento ocorríronsenos algunhas ideas: Debuxar, papiroflexia, manualidades, escoitar música e bailar, ...

En canto a xogos: Cadriños; Categorías; Fundir a flota; Tres en raia; Pictionary; Mímica; O aforcado; ... Coñecédelos? Hoxe explicámosvos o xogo dos cadriños.

"O CADRADO"

Obxectivo: Gaña o que consiga o maior número de cadrados.

Xogadores: Mínimo dous. 

Materiais: Papel cuadriculado ou plantilla de 10x10 puntos e bolígrafos de cores distintas para cada xogador.

Como se xoga: Cando xa temos a cuadrícula preparada, os xogadores comezan a poñer, en orden, unha raia (de punto a punto), en vertical ou horizontal, ata que alguén poida formar un cadrado. O xogador que pecha o cadrado, será o seu dono, porá a súa inicial no centro do mesmo e repite turno.

A mellor forma de entendelo é xogando. 

A practicar!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario