Seguindo coas pedriñas podemos elixir pedriñas planas e xogar a distintos tipos de mariolas; ou a acertar en círculos con puntuacións asignadas; ...
Hoxe vamos explicarvos como xogar aos "Chinos".
"Os Chinos"
Materiais: 3 pedriñas pequenas por xogador ou xogadora.
Xogador@s: Todos os que queiramos. Cant@s máis xogador@s, máis difícil será o xogo.
Obxectivo: Acertar o número de pedriñas totais en cada xogada. @ que antes chegue a 10 gaña a partida.
Como se xoga: @s xogador@s dispoñen de 3 pedriñas cada un. Coas dúas mans detrás do corpo, sitúan 1, 2, 3 ou ningunha na man dereita, que pasan adiante, ao espazo de xogo. Unha vez todos @s xogador@s teñen a súa man coas pedriñas diante comeza a subasta. Por turnos comezan a dicir cantas pedriñas cren que hai en total en xogo. @ que acerta gaña un punto.
CANTAS???

No hay comentarios:
Publicar un comentario