Aproveitando os elementos do entorno tamén podemos xogar e incluso crear. Con pauciños, pedras, terra, froitos das árbores, follas, ... pódense ata inventar ou imaxinar distintos xogos.
Podemos xogar a pintar na terra taboleiros de tres en raia e seleccionar pedras por cores; distintos tipos de mariolas, .... E as tabas, sabedes xogar???
"AS TABAS" "PELOUROS"
Sábese que este é un xogo moi antigo. Xogábase xa na Grecia antiga con astrágalos de cabras e hai evidencias arqueolóxicas que datan este xogo do 5000 a.d.C.. Hai tamén moitas variantes e distintos xogos aos que se pode xogar.
Materiais: 6 pedriñas.
Xogadores: Todos os que queiramos. Xuntos ou en distintos grupos facendo eliminatorias ata a final.
Obxectivo: Conseguir coller todas as pedriñas unha a unha ata ter todas.
Como se xoga: Dispoñemos unha das pedriñas na nosa man e as outras cinco no chan. A idea é ir lanzando ao alto a que teño na man e mentras, con esa mesma man, coller unha a unha, cada unha das outras pedras, de forma que non se me caia ningunha. A medida que collo unha nova pedra a vou pasando á outra man.
Se non o entendemos ben, atentos ao vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario