2/11/20

CELEBRANDO SAMAÍN E MAGOSTO

Aínda que non estamos para moitas celebracións, tentamos compartir un momento de ocio nestas datas tan divertidas para tod@s nós.

Chegamos pola mañá tod@s disfrazad@s; Acendimos as cabazas, pero, non tiñamos efectos especiais, fundíranse os altavoces; Na terceira sesión vimos as curtas dos compañeiros e compañeiras de todo o cole, por suposto as dos nosos compañeiros Mauro e Alán e a participación de Emma cos de sexto; Despois do recreo aproveitamos para xogar un pouquiño tod@s xunt@s: "Vampiro-pantasma", "Bruxa do ollo birollo", "Pano por detras", ...; Para rematar a mañá comendo unhas castañas.

Sair da rutina foi gratificante, pero, ... sempre con precaución: distancia, mascarillas, ...




No hay comentarios:

Publicar un comentario