Este pasado martes 24 de novembro viñeron visitarnos Ana e Suso, dous traballadores do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas.
Contáronnos moitas cousas das Illas: Da súa flora, da súa fauna, do territorio que abrangue, tanto terrestre como mariño.
Descubrimos ao corvo mariño cristado (cormorán moñudo); ao lagarto arnal; os bosques de algas enormes baixo as súas augas; os distintos ecosistemas e as distintas estratexias de supervivencia en cada un deles.
Traballamos cunhas láminas nas que habería que averiguar o animal en función da pista que nos daban.
Foi moi interesante!
Gustounos e aprendemos moito!
Estamos desexando que chegue maio para poder visitar as illas!!!
Moitas grazas Suso e Ana!
Ata pronto!



Como me gustan esas dúas fotos. O millor da terra. Algún bichiño deses recollemos aquí pola casa, na estrada, e devolver a súa carballeira. Unha pena...pero cada vez vense menos.
ResponderEliminar