30/11/20

PROFE GUILLERMO

Hoxe luns 30 de novembro o profe Guillermo xubílase.

Foi o noso profe dende os 3 anos, que compartía clase coa profe Amparo, ata segundo curso. Nalgúns casos ata foi profe dalgunha das nosas nais, pais, tíos, tías, ... 

Sempre estivo ahí cando precisabamos del, para mover o material, nos magostos, cambiar fluorescentes, pequenas chapuzas, ... e como non, cando falabamos de FÓSILES. 

É un gran aficionado á busca de fósiles alá pola súa terra, A Rioxa. Aínda este pasado venres, e xa como despedida, estivo con nós na aula contándonos un montón de cousiñas sobre a súa colección de fósiles: Vimos ammonites, nummulites, ...; falounos da fosilización de plantas, árbores, ...; da  transhumancia e as súas antigas rutas; Das pegadas de distintas especies, incluso de dinosaurios; ... 

Foi xenial! Encantounos!



Profe Guillermo... Non queremos despedirnos de ti. Seguro que te veremos por Redondela e seguro que podemos contar con que voltes por aquí a xogar con nós ou a contarnos sobre as túas novas pezas da colección de fósiles.

Ata sempre! 

Volta cando queiras! 

Moitos Bicos!

1 comentario: