9/11/20

XOGOS PARA O RECREO 6

Nos recreos de choiva en que temos que quedar na aula, e tal e como están as cousas, sen poder compartir, acercarnos, ... Ás veces non é fácil decidir que facer nese tempo de ocio.

Recordades o xogo de "Stop" ou "Tutifruti"?

"Stop" ou "Tutifruti"

Materiais: Folio e lapis.

Xogador@s: Tantos como queiramos. Se somos máis de 8 podemos facer parellas ou equipos.

Obxectvo: Conseguir o maior número de puntos.

Como se xoga: Primeiro debemos elaborar a nosa plantilla. Co folio apaisado, trazamos liñas para facer columnas, a lo menos 8. A primeira para a letra e a última para os puntos. No medio, entre os xogadores, podemos elixir as categorías, por exemplo: Cores, países, froitas, ósos, músculos, nomes, partes do corpo, ... o que queiramos.

Unha vez elaborada a plantilla damos comezo ao xogo. Mentras un move a man e vai pensando as letras do abecedario, outro vaille dicir stop. A letra que sae e a letra coa que deben empezar os elementos das distintas categorías.

Damos comezo. O primeiro en rematar volta dicir stop. Lapis á mesa e todos paramos de escribir. Agora comprobamos. 10 puntos por cada elemento que non se repita, 5 polos repetidos, 0 por celda baleira. Sumamos todos e anotamos na columna final.

Ao final de 10 letras (ou as que acordemos) sumamos tódolos puntos da columna final e comprobamos quen gañou.

A XOGAR!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario