Sen dúbida, a orca é un dos depredadores máis perigosos que poboan os mares... De extraordinaria voracidade, as orcas sempre cazan en manada, atacando incluso baleas, golfiños, focas e paxaros bobo.
Só unhas poucas orcas atrapadas na natureza e mantidas en cautividade pasaron dos 30 anos. Ningunha orca nacida en cautividade o conseguiu.
Actualmente, hai 62 orcas en cautividade en parques marinos e acuarios de todo o mundo.
Algunhas foron capturadas na natureza; outras naceron en cautividade.
Distribúense por todos os océanos do mundo, dende augas do Ártico e Antártico ata os mares tropicais; sen embargo, prefiren as augas temperadas e frías, e as zonas cercanas ás costas.
As orcas viven en todos os océanos do mundo, dende augas do Ártico e Antártico ata os mares tropicais. Sen embargo, prefiren as augas temperadas e frías e as zonas próximas ás costas. As poblacións de orcas máis grandes atópanse no Ártico e na Antártida. Estímase que viven 160,000 orcas nas augas arredor de Antártida.
EVA
As orcas, como todos os cetáceos, teñen respiración pulmonar e dependen do aire para sobrevivir, aínda que vivan nos océanos. Poden permanecer baixo a auga sen respirar ata aproximadamente 10 minutos, por eso non descenden habitualmente a grandes profundidades.
Saberedes que nome recibe o burato que teñen na súa cabeza, que conecta directamente cos pulmóns e lles permite respirar cando emerxen da auga??


Tuve que buscarlo. Se llama espiráculo. Que bonitas son las orcas!
ResponderEliminar