Seguro que recordades que Alán nos trouxo dous xirasoles para acompañar aos nosos cacahuetes no horto. Están enormes, fortes e preciosos. Querédelos ver?
Aguantaran o calor do verán?
Será o noso sistema de rega suficiente para mantelos con vida?
O xirasol é o símbolo do Sol que simboliza o amor e a admiración, pero tamén a felicidade, a vitalidade, o positivismo e a enerxía...
É unha planta que pode chegar a medir ata tres metros de altura. Teñen un talo robusto, ergueito, con pelos e follas ovaladas de gran tamaño. O talo non se ramifica. É unha planta que ten unha resposta a luz solar de nome heliotropismo.
Cada día, os xirasoles despértanse e móvense cara o Sol, seguindo ao astro na súa ruta de leste a oeste, como agullas dun reloxo... Pero un día deixan de facelo; acadan a madurez e deteñen a súa danza. Non voltan xirar o resto da súa vida e quédanse mirando indefinidamente cara o oriente ata que morren.
Poderemos ver todo ese proceso?
EVA



Están impresionantes!!!! Precisan moita auga?? ou Moito calor???
ResponderEliminar