12/7/21

O UNIVERSO

O tamaño fisicamente observable do Universo é duns 93.000 millóns de anos luz, como 900.000 camiños lácteos en liña.

A nosa galaxia é só unha das centos de miles de millóns de galaxias. Aínda así, toda a materia do Cosmos é só unha pequena parte do universo. O Universo é, sobre todo, un espazo inmenso, case baleiro.


As galaxias:

As galaxias son grandes estructuras do Universo onde se agrupan estrelas, nebulosas, planetas, nubes de gas, polvo cósmico e outros materiais que se manteñen xuntos pola atracción gravitatoria.


Os planetas:

Un planeta é un obxeto astronómico que orbita unha estrela e que é o suficientemente masivo como para ser redondeado pola súa propia gravidade, pero non o suficientemente masivo como para causar fusión termonuclear, e que despexa a súa rexión veciña de planetesimales. 


Asteroides:

Un asteroide é un pequeno obxeto rocoso que orbita arredor do Sol. Os asteroides son máis pequenos que un planeta, pero máis grandes que os meteoros.

Os cometas:

Os cometas son corpos celestes constituidos por xeo, polvo e rocas que están no espazo exterior e que orbitan arredor do Sol seguindo diferentes traxectorias elípticas... A diferenza dos asteroides, os cometas son corpos sólidos compostos de material que se sublima nas cercanías do Sol.


SARA E EVA

Estou segura de que sabedes que durante os meses de xullo e agosto temos distintas chuvias de estrelas. Se nos trasladamos a lugares elevados e escuros, alonxados de contaminación lumínica, poderemos disfrutar dese grandioso espectáculo.

ACUÁRIDAS: (Delta Acuáridas) Do 12 de xullo ao 23 de agosto. Punto álxido 28 e 29 de xullo. Aproximadamente 20 meteoros á hora.

PERSEIDAS: (Lágrimas de San Lourenzo-10 de agosto) Vense dende o 16 de xullo ao 24 de agosto. Punto álxido 11 e 12 de agosto.

Como vedes incluso coinciden no tempo. Pero hai máis... Só no mes de xullo vanse producir catro conxuncións planetarias: 8 xullo (Mercurio-Lúa); 13 de xullo (Venus-Marte); 24 de xullo (Lúa-Saturno); 25 de xullo (Lúa-Xúpiter). Atentos ao ceo!!!

Pero, saberedes de onde proceden as estrelas fugaces que veremos tanto nas ACUÁRIDAS como nas PERSEIDAS???


2 comentarios:

  1. Encántame ver o ceo estrelado nas noites de verán. O problema é que este ano están quedando moitas noites cubertas de nubes. Non hai maneira. A ver se temos sorte e mellora o tempo.

    ResponderEliminar
  2. Estuve buscando y esas estrellas fugaces proceden de comentas que pasan cerca de la tierra.

    ResponderEliminar