16/7/21

UNICORNIOS

Ola! Encántame os unicornios. Seguro que oistes falar deles e espero que descubrades cousiñas interesantes sobre estos fabulosos e fermosísimos animais que non sabiades.

O unicornio é unha criatura mitolóxica descrita xeralmente como un cabalo branco, con pernas de antílope, ollos e pelo de cabra e un corno na testa.

Para máis información: Wikipedia Unicornio


Pois resulta que ata hai uns 39.000 anos viviu no planeta un rinoceronte xigante, ás veces descrito como un "unicornio siberiano", viviu moito máis tempo do que pensaban inicialmente os científicos, segundo revelaron novas investigacións.

Un estudo publicado na revista Nature Ecology & Evolution explicou que a criatura peluda vagou entre os humanos, sobrevivindo en Europa do Leste e Asia Occidental ao mesmo tempo que os neandertais e os primeiros humanos modernos.


Para máis información: CNN Unicornios

E vós que credes... Seguirán existindo os unicornios?? Será máxicos os seus cornos como nos din as lendas???

EMMA

1 comentario:

  1. Sería genial poder encontrar un unicornio! Y ya si fuera mágico y concediera deseos. Quien sabe!

    ResponderEliminar