Como cada ano, a semana das Letras Galegas é unha data moi especial. Celebramos con moito cariño e orgullo as nosas tradicións. Este ano o autor homenaxeado era Florencio Delgado Gurriarán.
O luns 16 de maio para iniciar a semana, izamos bandeiras e cantamos o Himno Galego.
O martes 17 foi festivo e non viñemos a clase.
O mércores 18 trouxemos un alimento para os nenos sen recursos, a cambio elixíamos un libro.
O xoves 19 fixemos o baile que estivemos a prácticar coa profe de música. Cada aula presentou a súa danza. Bailamos e cantamos todo o colexio.
O venres 20, para rematar, estivo con nós a asociación "O Carballo das Cen Pólas", disfrutamos do son das gaitas, das súas voces e das pandereteiras. Despois do recreo tivo lugar a entrega de premios do concurso de narrativa da Reboraina. E como non podía ser doutro xeito, dous compañeros nosos foron premiados (pero, eso é outra historia...)
EVA e RUBÉN



No hay comentarios:
Publicar un comentario