11/5/22

QUE É O COLTÁN?

Segundo a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT-ONU), no noso planeta hai tantos teléfonos móbiles como persoas. Nos últimos 15 anos esta cifra aumentou un 900 %.
Un dos principais compoñentes destos teléfonos é o COLTÁN. Curiosamente lonxe de presentarlle aos países posuidores de tal recurso un beneficio, está sendo o responsable dos peores conflictos bélicos.
O coltán está composto por minerais de columbita e tantalita e é indispensable para a frabricación de teléfonos móviles é outros dispositiivos electrónicos, xa que serve para crear condensadores moi finos cunha alta fiabilidade e resistencia enerxética.
A posición máis difundida é que a maior reserva atópase en África, concretamente ao leste da República Democrática do Congo, na que se atopan o 80% das reservas mundiais do coltán.


O mineral extráese en condicións infrahumanas, a rivalidade entre poboacións pola súa extracción é terrible, prodúcense situacións de abuso de menores e de aniquilación. Leva provocadas, dende 1997, máis de 5 millóns de mortes.

A viaxe do teu móbil:
En xeral, o cobre extráese de Chile, o ouro de Sudáfrica, a plata de Rusia e o Coltán da R. D. do Congo. Todo esto envíase a China, onde se fabrican os artefactos semi-acabados, que serán enviados a Malasia para ser ensamblados e empaquetados. Finalmente xíranse a algún dos centros de distribución das principais empresas de telefonía ata chegar a todos nós.

Eva e Mauro

No hay comentarios:

Publicar un comentario