O Reino de Tonga é un pequeno país situado ao leste de Australia e ao nordés de Nova Zelanda, no sur do Océano Pacífico.
As illas Tonga foron colonizadas por seres humanos hai uns 3400 anos, tras a gran expansión na que os pobos do sureste asiático emigraron a través do Océano Pacífico cara ao leste e a través do Océano Índico ata Madagascar e África oriental cara ao oeste.
A erupción volcánica do Hunga-Tonga vista dende o espazo.
Tonga non soe atraer a atención mundial, pero a violenta erupción dun volcán submarino o pasado 15 de xaneiro propagou ondas de choque, literalmente, por medio mundo.
Segundo a Nasa, "foi unhas cen veces máis forte que a bomba de Hiroshima".
A potencia da erupción estaba en parte relacionada coa súa ubicación, a uns 150 metros baixo a auga. Cando a roca fundida superquente, ou magma, chocou coa auga do mar, a auga convertiuse instantaneamente en vapor, expandindo a explosión moitas veces.
A erupción enviou material volcánico a unha altura de ata 40 km á atmosfera e xerou un tsunami de ata 15 m de altura, que golpeu ás illas. A nube volcánica extendeuse e cubriu 170 illas, o que afectou a máis de 100.000 persoas.
EVA



Moi interesante!
ResponderEliminar