30/5/22

VISITA MUSEOS CIENTÍFICOS A CORUÑA

O pasado venres  22 de Abril fomos de visita á Coruña  os dous sextos, para visitar a  Casa das Ciencias, o Acuario e o Planetario.
Comezamos polo Acuario, vimos distintas especies de peixes, a súa reproducion, as súas diferenzas e ademais unhas fermosas foquiñas.
A continuación tocaba subir ata o "Domus", como era basicamente interactivo, curioseamos un rato, para logo comer. Pasámolo xenial!
Despois de descansar e xogar un pouquiño, tocaba ir ata a Casa das Ciencias. Non dabamos chegado, case nos perdemos, por pouco quedamos a vivir en Coruña. Tamén era interactivo. Subimos planta por planta e fomos investigando e experimentando. Moi chulo!. Ao final, chegamos ata o planetario. Empezaron explicándonos varias cousiñas, para logo poñernos unha peli de Dinos, a algún que outro, entroulle o sono.
Por último, e como xa iamos mal de tempo, paramos nunha estación de servizo e merendamos. Algúns marchamos con dor de cabeza por todas as cancions que cantaban. Pero, o certo é que o pasamos moi ben.


UXÍA e MAR

No hay comentarios:

Publicar un comentario