Despois de tanto tempo sen sair, no último mes, levamos xa unhas cantas saídas... Esta semana pasada sen ir máis lonxe fixemos dúas: O xoves á Feira Científica de Soutomaior e o venres ao Carballo das Cen Pólas para celebrar o Día da Árbore.
Feira Científica de Soutomaior:
O Xoves 5 de Maio asistimos á Feira Científica de Soutomaior, na que o alumnado do Ies Soutomaior e o Colexio Santiago Apostol coa colaboración de David Ballesteros (Aquelando), organizaba unha fantástica Feira Científica.
Aproveitando que estabamos en Arcade, fomos con tempo e paseamos á beira da Ría, ata a desembocadura do río Verdugo. Puidemos ver: a Ponte medieval de Pontesampaio, famosa por unha gran batalla contra os franceses; A illa Insuiña ou Illa Medal, onde se reunían grandes artistas; A antiga fábrica de cerámica de Pontesa; ... Ata vimos un Cristo Redentor nunha casa particular. Un paseo estupendo! Para rematar disfrutando da Feira de Ciencia.
Día da Árbore:
Ao día seguinte, venres 6, subimos camiñando, todo o cole, incluso educación infantil, ao Carballo das Cen Pólas.
Aproveitamos para realizar diversas actividades na natureza, coñecer o entorno e disfrutar das súas posibilidades. Acompañáronnos varios monitores da asociación "Alecrín". Primeiro fixemos unha actividade de observación e exploración, para, ao rematar a merenda, facer un circuito (gimkhana - "yinkana"), con distintas actividades. Foi Incrible! O lugar é incrible! Que ben o pasamos!


Así da gusto ir ao cole. Que guai!
ResponderEliminar