MOI BO DÍA!
Que tal de finde?
Saistes a pasear?
Estiven esperando as vosas fotos dos maios, sei que moitos fixestes e participastes, pero, onde están as fotos? Polo de agora só podemos ver a Antía e á súa familia como nos cantan esta copla.
A medida que vaiamos podendo sair ao exterior deberiamos extremar as precaucións e atopar ou incorporar estas novas rutinas ao noso que facer diario. No blog de Orientación, a profe Lydia, deixábanos un documento sobre a importancia das rutinas.
FANTÁSTICAS!
No mesmo artigo, máis abaixo, preséntanos un conto, "Maestro, ¿Y ahora que hago?, bastante divertido e con algunhas suxestións bastante interesantes: Búsqueda de tesouros, safari matemático, recreación cadro famoso, entrevista coronavirus, cartas, .... Botádelle unha ollada e escollede unha, a que vos guste máis, ...
Solucións acertixos do xoves
Acertixo 1:
Acertixo 2:
(Se todavía non sabedes por que estas son as solucións, lede os comentarios)


Bonita copla a que cantaron Antía e a súa familia, bravo!!! Espero que as propostas que aparecen no libro que compartín vos gusten moito, esa era a idea. Estarei pendente de ver por aquí se facedes algunha, seguro que vos queda moi chula.
ResponderEliminarUnha aperta da profe Lydia
Bo día profe Lydia! Como o sabes. Algo faremos. Grazas por compartir!
ResponderEliminarSaúdos!
Amparo.