MOI BO DÍA!
Esperando estou polos vosos videos!!!
Malabares....!!!
Malabares....!!!
RETO 2 - "XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS":
Aproveitando que estamos celebrando a cultura, lingua, costumes, tradicións, ... galegos, vamos tentar buscar, indagar, ... sobre os xogos e deportes tradicionais galegos. En clase de educación física xogamos a moitos deles. E nesta época do ano, no cole, practicamos algúns, o día dos xogos.
Aproveitando que estamos celebrando a cultura, lingua, costumes, tradicións, ... galegos, vamos tentar buscar, indagar, ... sobre os xogos e deportes tradicionais galegos. En clase de educación física xogamos a moitos deles. E nesta época do ano, no cole, practicamos algúns, o día dos xogos.
Despois de investigar, decidídevos por un XOGO ou DEPORTE TRADICIONAL GALEGO e poñédevos a practicalo. Pode ser individual, por equipos, en familia, .... Seguro que os maiores da casa vos poden ensinar algúns dos xogos cos que tan ben o pasaban cando eran nenos. Podedes tamén botar un vistazo á páxina web de Educación Física, na sección "xogos populares galegos", alí atoparedes moitas opcións.
Entrega: Tedes ata o venres 22 de maio.
(aberto a todo o alumnado do Centro)
E para que vaiades vendo e practicando aquí vos deixo un vídeo de bolos celtas que practican moi preto de Redondela. Vades ver que nós nas clases o adaptamos un pouco.(aberto a todo o alumnado do Centro)
Ola profee Amparo, son Teo. Que tal estás?
ResponderEliminarOla Teo!
ResponderEliminarEu moi ben! E ti que tal? Con moitas forzas, a que si?
Espero que a partir de agora participes nas propostas que vamos facendo. Espero os teus vídeos, fotos, ...
Moitos Bicos! Coidádevos!
Amparo.
Bos días!!!!!Profe eu hoxe pola mañá me abrín un pouquiño o pé
ResponderEliminarOla mestra Amparo, son Brais, estou empezando a furrular nestas cousas.
ResponderEliminarOla Brais! Alégrame ver que vos animades a participar. Se precisas axuda con algo, avisa.
EliminarSaudiños!
Amparo.
Ola profe Amparo. Son Mauro de 3ºB. Eu estou practicando co trompo e a pita cega. Xa che mandarei unha foto. Un saudiño.
ResponderEliminarOla Mauro! Que tal estamos? Canto me alegra saber de vós. Xenial que estés practicando! Impaciente estou polas fotos.
EliminarMoitos Bicos!
Amparo.