MOI BOAS!
FANTÁSTICO DÍA HOXE!
Como levades a entrevista co "Monstro Coronavirus"?
E o voso deseño, para logo facer con material de refugallo?
Hoxe vamos a retomar o tema da ROBÓTICA. Non temos con nós o Mbot, pero si podemos descargar no noso ordenador o programa e así facer código.
A semana pasada, o martes 28, deixábavos a ligazón para que descargárades o programa. Recordade, que hai unha nova versión do Mblock, v.5.2.0 (win7, win10, 64 bits).
Hai algunhas diferenzas, sobre todo, visualmente. Nós coñecemos a versión 3.4.11:
Pero a última actualización deixa a un lado flash, e pasa a traballar con html5:
Vades ver que é case o mesmo, pero a situación dos escenarios, dos obxectos, dos fondos, dos bloques e categorías, ... cambia un pouco de ubicación. Claro que ten novidades, pero, xa as iremos vendo. Para comezar un pequeno repaso.
Proxecto Robótica-Reto 1
"O Noso Reino Fantástico": Teremos que crear un lugar (eliximos escenarios) onde a lo menos 2 personaxes se movan e falen. Debemos provocar un cambio de disfraz nos obxectos ou nos escenarios.
Unha vez rematada a programación, gardámola, poñémoslle o noso nome seguido de fantástico (Amparofantástico), e enviamos ese arquivo por correo electrónico á profe (experimentandocoaciencia@gmail.com).
Déixovos unha ligazón onde nos ensinan a traballar co programa dende cero e pouco a pouco. Hai pequenos vídeos que podedes ir vendo para conseguir crear o voso fantástico mundo.

Boas tardes!!!!! Profe a min cando lle dou a bandeira non fai nada
ResponderEliminarSaud0
Eva
Ola Eva! Se non programo nada, non fai nada. Se programo ordes contraditorias, tampouco. Mándame por correo o arquivo ou unha foto ou vídeo onde se vexa a programación dos obxectos e falamos.
ResponderEliminarSaudiños!
Amparo.