7/5/20

XOVES 7 DE MAIO

MOI BO DÍA!
Que tal con Mblock?
Conseguistes descargalo? Comezastes a programar?

Seguen chegando vídeos dos maios e xa veredes que chulos tamén, e que pedazo de "Maio". Grazas Eva e familia!

Espectacular!


Reto MALABARES (14 maio)
Quinta fase: Fixádevos que agora lanzamos vertical, mesma altura, dúas liñas paralelas.


Sexta fase: (É a nosa última fase) Leva algo de tempo. Así que nada de desanimarse. Comezamos o exercicio con dúas bolas na man boa, e unha na outra. A practicar!!


Para o 14 de maio, ou antes, e despois de moito practicar, gravaredes un pequeno vídeo (10-15 seg.), onde se vos vexa facer o exercicio que mellor vos saia. Canto máis alta sexa a fase mellor, pero, cada un o que poida. Ánimo! Como dicía Eva: Pode ser difícil, pero non imposible!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario